Eres igual a ti, y desigual, lo mismo que los azules del cielo.

Juan Ramón Jiménez


miércoles, 28 de septiembre de 2011

O CARBALLO COME PEDRAS

Illa de Cortegada (Carril. Ría de Arousa)





Ayer cuando bajaba del trabajo el mar estaba hermoso y calmo, abrazando con dulzura a Cortegada. Aunque soy la peor fotógrafa que existe, no pude evitar hacer unas tomas, que apenas revelan la belleza concretándose en el instante. Recordé entonces uno de mis primeros cuentos, que escribí en gallego, hará cosa de año y medio. La culpable de todo fue mi amiga Bego, que tenía que trabaja como guía en las visitas a la isla. Un viernes noche, ante una copa de vino, me contó que tenía que prepararse una historia para los niños, acerca de un carballo que se situa en el centro de la isla y que tiene como dos piedras atravesadas en una hoquedad que parece una boca, por la que ella lo llamó "o carballo come pedras". Estuvimos charlando un rato acerca de esto, y al día siguiente, al levantarme, me encaminé furibunda hacia el ordenador, para escribir esta historia. Bego me cautivó cuando me dio a conocer la versión de la misma que comenzó a contarle a los niños. Siento que muchos no podáis entenderla. A ver si me animo con una traducción. 






A Bego







Moitos anos atrás, cando a Illa de Cortegada non estaba tapizada de verde e de loureiro. Cando aínda non chegaran os homes a construir as súas casas para anos máis tarde abandoalas. E só o ceo observaba como ésta se deixaba arrolar, mansiña, no colo do Atlántico, quen lle rumoreaba unha cantiga de berce. Neses tempos-dicíamos-xusto no corazón da illa, un solitario carballo recitaba as suas penas tanto cara o sol como cara a lúa.

Ai! de min que estou só
e teño ollos
para ver
enfronte de min
ó pobo de Carril
cheíño de árbores
cheíño de páxaros
cheíño de xentes
E teño orellas para escoitar
as suas risas
os seus cantos
Mais teño raíces
en vez de pes
E teño ponlas
en vez de brazos
Para nadar esa distancia
que nos separa
Tan preto
Tan lonxe
Ai… ai!!!

E pasaron décadas de afiar o tempo en soidade. Muxindo unha tristura que lle arrancaba arrepíos ás pedras, mentres as noites escurecían, porque as estrelas negábanse a asomar, mancadas de pena. E cando o facían as súas bágoas escorregábanse polas meixelas do ceo, semellando perseidas. Ata a lúa decidiu poñerse de costas e por primeira vez amosounos a sua face oculta. Aínda que na terra os homes embotados nas suas cousas semellaron non darse de conta, porque o certo é que, a pesar de tanta mistificación, os homes moi de cando en vez míranlle o rostro a lúa.

Chegou un día no que as rocas-que como xa dixemos padecían arrepíos polas costas de tanto escoitar os lamentos do carballo-decidiron achegarse ata él para preguntarlle o motivo das suas penas, darlle o pésame e outras formalidades sociaís. Porque, como toda a natureza sabe, as pedras gozan de observar a cortesía e a única lei de urbanidade para a que están cegas e aquela de apartarse do camiño cando alguén pasa. Pero eso xa son cousas da Sra Gravidade.

O caso é que as pedras achegáronse ata o carballo, a modiño, e en fila india. Ían encabezadas pola máis lóngeva, quen, debido a unha lei non escrita pero por todas acatada, erixiuse en portavoz.

-¿Qué lle ocorre estimado veciño, que dende o lugar que ocupamos, e a pesar da nosa discreción natural, non somos quen de non escoitar os seus lamentos?

-Estou só….(suspiro. Suspiro. Suspiro….)

-Non tal. Estamos nos que contamos moito máis de duas ducias.

-Pero, antepoñendo todos os meus respetos, vos sodes pedras e sempre estades tan quediñas e caladas, que case morro do susto cando vos vin acercarvos. Non podes nin imaxinar cómo me latexou o corazón cando me decatei de que abrías a boca para saudarme.

-Dacordo, pode dicirse que xeralmente non estamos moi activas, pero é que vivimos tantos anos que o noso ritmo vital e moi, moi, moi leeeento-dixo a pedra coa sua voz cavernosa-. Só en contadas situacións, se o decidimos, podemos igualar o noso ritmo ao voso ritmo, seres mortais….. Pero, coido que tamén están as ondiñas do mar que cando están ledas se pasan o día brincando e dando volteretas. Saudando con eses fermosos panos brancos de escuma. Non me digas que non escoitas as suas risas infantís, como faragulliñas de pan sinalando o camino para voltar a casa. E os seus cánticos salgados que lle arrebolan as meixelas hata a mesmísima lúa.

-Pero só se divirten entre elas e nin sequera se dignan a achegarse por aquí para refrescar as miñas ponlas na sua pel efervescente. Que baixo o sol do veran terían o ceo gañado se o fixeran. E coido que non sería pouca cousa porque para mín que esas xa lle venderon a sua alma ó diaño en troco de tanta desvergoñada beleza

-Están os peixes do mar…

- Pero os peixes pasan o día rebuznando

-Creo que anda errado, veciño…

-Non, non. Que teño razón

“Ben duro de mollera é este carballo”, pensou o parlamentario. “E logo falan das pedras….”

-Están as estrelas de ceo

-Pero non saben cantar

-¿E a lúa?

-Pasa a noite mirándose no mar como si fora un espello. Miúda narcisista!!!!

-¿E o sol?

-Está todo o día peiteándose

-Permítame dicirlle que é vostede un pouco exixente estimado veciño
- Tampouco pido tanto…Só quero escoitar as risas do vento esmendrellándose entre as follas doutras árbores. E o canto dos paxaros erguéndose dende o escenario das ponlas dos meus vecinos. Que a miña sombra se atope ó largo do día ca sombra doutros carballos, e se biquen nos beizos, e se atusen os bigotes. Que as follas doutras árbores, pretiñas de mín, se convirtan nun refuxio fresquiño para os días da canícula. Que os raios do sol se reflictan contra as gotiñas de rocío nas follas de milleiros de árbores, e se eleven cara o ceo como un cántico de sereas matutinas. …..

-¡Basta, basta!, exclamou a pedra. Creo que xa lle entendo. Supoño que a superficie desta illa semellaría unha calvorota se a observáramos dende máis altura, pero nos, como temos vertixe, vivimos ao ras do chan.

-E que vou facer entón. (Lamento. Lamento…) Vivirei lustros, décadas, séculos e sempre soooooo. Case sería mellor que me partise un lóstrego

-Non dramatice veciño. A cousa é ben sinxela

-¿?

-Mozas, deliberemos-dixo a pedra que de entre todas levaba a batuta

E as pedras se apertaron, coas cabezas xuntas e gachas, e os brazos unhas por riba das costas das outras. E desta guisa comezaron a murmurar…. Logo dun tempo asomou a cabeza da pedra máis vella e, desmigándose do grupo, achegouse ó carballo.

-O seu problema é de ben doada solución para nos. E como somos moitas e a maior parte xa vivimos moreas de anos como pedras, non nos importa sacrificarnos por mor de que sexa un chisco máis feliz.

-Perdoe veciño, pero non lle entendo..

-Non fai falla. Deíxeo nas nosas máns. Só ten que facer o que eu lle diga. Pero debe saber unha cousa. Arrime a sua orella que non quero que me escoiten o mar, nin os peixes.
O carballo colleu a pedra entre as suas mans e arrimouna a sua orella. Do diálogo que tiveron só podemos transcribir unha última frase que non sabemos de que modo apareceu na Illa de Pascua, escrita nunha folla, que tras procurarlle unha indixestión, logo foi vomitada por unha botella. “As pedras non somos o que semellamos, shhhhhhhh”

E, supoñemos que seguindo as instruccións da pedra, o carballo colleuna e a meteu na sua boca, para logo cuspila uns metros, cara o leste, debuxando un parábola de trapecista. Ó pousarse a pedra, como era de supoñer, prorrumpiu nun golpe seco contra ó chan, para deseguido poñerse a tremer, como se padecerá o baile de san vito. No instante seguinte a pedra comezou a medrar, mudando de cores a sua pel. Comenzaron a brotarlle numerosos brazos que en realidade non eran brazos senon ponlas, onde pronto comezaron a brotar unhas follas verdes e fermosas, palpitantes de vida.

O carballo prorrumpiu en aclamacións de entusiasmo, e deseguido colleu outra das pedras que se amotoaban cas máns erguidas e voluntarias, gritando “¡a mín, a mín!”. Meteu outra na boca e cuspiuna. Ao instante un paxariño dourado saiu voando para pousarse na árbore veciña e comezar a cantar. Da seguinte vez e unha víbora deslizouse pola sua gorxa, para asomar logo pola boca con dous olliños como carbunclos. Para logo baixar polo tronco do carballo facéndolle unhas cóxegas que morría da risa.

E así xurdiron os loureiros, as alfombras de herbas, os treboliños de catro follas e os coxiños…As correntes de aire se deslizaban polos beizos das árbores como se foran armónicas, xurdindo delas o mesmo son enfeitizante, tanto que as víboras se puxeron a bailar colgadas nas ponlas ca cabeza para abaixo. E innumerables miragues que fixeron da illa de Cortegada a eclosión que actualmente é.

Supoñemos que o Carballo é hoxe feliz con todos eses seres queridos o seu arredor. Tamen supoñemos, e con isto non queremos repréndelo, que é unha árbore insaciable. Porque, ainda hoxe en día, podemos velo cun par de pedras metidas na sua boca. Non podemos evitar preguntarnos qué novo miragre terá lugar. Árbore, cempés, avelaiña, toxo, gaivota, colibrí….Só o tempo ten a palabra. Lamentablemente nos nunca o sabremos. Non podemos esquecer que o ritmo vital das árbores e das pedras non se rixe polos mesmos parámetros co das persoas. É moito máis leeeeeento



2 comentarios:

el maquinista ciego dijo...

...non quixera soar repetitiva nin testana coma o carballo, pero volvo dicir que debería vostede escribir contos para nenos, íana adorar!!! ;))

(me encanta la marcha de piedras en fila india, y su poca atención a las convenciones sociales, más allá de las importantes, como la de dejar hablar a los más sabios y viejos en representación del 'pueblo'...aay, si hiciésemos todos igual, mejor nos iría.........y genial que el milagro continúe y continúe, con toooda la paciencia que pueden tener las piedras y rocas, que no es otra que la de todo el tiempo del mundo, y no es precisamente poca ;))

Bicos!

vera eikon dijo...

Sí, Maquinista, creo que este cuento podría dirigirse perfectamente a un público infantil. Como lo escribía hace un tiempo había unos cuantos detalles que no recordaba, pero a mí me gusta especialmente la "embajada de las piedras", a las que jamás podremos negarles su saber estar. Biquiños!!!